Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades | Código | 653862315s | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A1 A3 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C7 C9 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais y sintácticos), a integración e aplicación de conceptos e procedementos abordados na materia, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. | 50 |
Presentación oral | B2 B4 B11 C1 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de comunicación oral do alumnado, a capacidade de análise e de síntese, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións. | 20 |
Análise de fontes documentais | B2 B4 B5 B8 B10 B12 C1 C2 | Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos abordados na materia, a capacidade de análise e de síntese, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a actitude crítica e reflexiva. | 30 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación. Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superada, como mínimo, a metodoloxía de Investigación (Proxecto de investigación), para o cal é preciso obter unha cualificación mínima do 50% da nota máxima (2,5 sobre 5 puntos). En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Análise de fontes documentais e Presentación oral), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa (Investigación). No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non entregado(s). Segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 4 de maio de 2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible. A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de suspenso (nota numérica '0') na convocatoria en que se cometa a falta, tanto se a falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. Así mesmo, a docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación. |