Proba obxectiva |
A2 A1 B1 B8 B9 B12 B13 B16 B17 B19 B23 B25 C1 C4 C6 C7 C8 |
EXAME FINAL DE BASES ANATÓMICAS: 50% da nota final.
Consistirá en dúas partes:
Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).
Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.
EXAME FINAL DE CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL: 20% da nota final. |
70 |
Proba oral |
A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 |
Exame final de Cinesioloxía Ocupacional.
Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos.
|
15 |
ANATOMÍA HUMANA
Grao de Terapia Ocupacional
ORGANIZACIÓN DA MATERIA.
A materia está dividida en dúas partes:
- Anatomía Humana (6 ECTS; profesores: Isaac Manuel Fuentes Boquete, Silvia María Díaz Prado)
- Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS; profesores: Sergio Santos del Riego e José Ramón Meilán Devesa)
- Responsable da materia: Profa. Silvia María Díaz Prado.
Ao inicio do curso académico, explicarase ao alumnado a organización da materia e os criterios de avaliación.
AVALIACIÓN DA MATERIA. Realízase da seguinte maneira:
- Bases Anatómicas (Prof. Isaac Fuentes e Profa. Silvia Díaz): cun valor de 6,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
- Avaliación continua: 1,5 sobre 6,5.
- Exame final: 5,0 sobre 6,5.
Para aprobar a Anatomía Humana, será necesario alcanzar un total de 3,25 sobre 6.5.
- Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
- Exame final escrito (Prof. Sergio Santos): cun valor de 2,0.
- Exame oral práctico (Prof. José R. Meilán): cun valor de 1,5.
O aprobado da materia ANATOMÍA HUMANA corresponde a 5,0 sobre 10.
Para
o cálculo da nota final da materia sumaranse as notas obtidas en cada
parte da materia (Bases Anatómicas e Cinesioloxía Ocupacional), sempre que se obteña en cada parte o 80% do valor na
nota de aprobado. Así, para este cálculo da nota final da materia é
preciso obter:
- Bases Anatómicas: 2,6 (80% de 3,25).
- Cinesioloxía Ocupacional: 1,4 (80% de 1,75), obtendo un mínimo de 0,8 no exame escrito (Prof. Sergio Santos) e de 0,6 no exame oral (Prof. Meilán)
Avaliación de Bases Anatómicas en detalle.- Avaliación continua de Bases Anatómicas.- Terase en conta:
- Realización dos cadernos de prácticas (cun valor de 0,25 por cada caderno). Os cadernos publícanse en MOODLE.
- Probas de resposta múltiple en datas programadas, sobre unidades temáticas da materia (cun
valor de 1,0). Estes exames tipo test teñen a mesma estrutura, grao de
dificultade e modo de avaliación que a proba tipo test do exame final.
- Exame final de Bases Anatómicas (cun valor de 5,0).- Consistirá en dúas partes:
- Proba tipo test (cun valor de 2,5). Consiste de 24 a 48 preguntas. Cada
pregunta conta con catro sentencias, das cales só unha é correcta. Non
se puntúa negativo por resposta incorrecta. O aprobado está no 60% de
respostas correctas. - Exame preguntas cortas (cun valor de 2,5). Consiste de 5 a 10 preguntas curtas.
Avaliación de Cinesioloxía Ocupacional en detalle. - Exame final escrito de Cinesioloxía Ocupacional (cun valor de 2,0).
- Exame oral práctico de Cinesioloxía Ocupacional
(cun valor de 1,5). Consistirá na valoración dun grupo muscular
e dunha goniometría articular. Poderase incluír unha parte de
estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a manobra e a
implicación do grupo muscular ou músculo illado. O profesor publicará,
previamente á data oficial de realización do exame correspondente, un
documento co lugar e horario de realización do exame que corresponda a cada alumno/a.
ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL Na realización de probas de resposta múltiple, en caso de non poder realizalas nas datas programadas, se procurará acordar datas alternativas para a súa realización. ALUMNADO QUE CONTE CUNHA ADAPTACIÓN CURRICULAR CONCEDIDA POLA UNIDADE DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UDC Cando
esta adaptación recolla a dificultade para a realización de probas
escritas, estas serán substituídas por probas orais. Así mesmo,
seguirase cada unha da recomendacións da citada unidade para a
avaliación deste alumnado. PLAXIO En caso de plaxio, aplicarase o seguinte: - Cualificación
de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
REALIZACIÓN
FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN A realización fraudulenta das probas ou actividades
de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á
oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese
cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.
|