Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa súa profesión utilizando un idioma moderno: inglés. Esta materia ten contidos tanto teóricos como prácticos. Empeza polos fundamentos do inglés científico-técnico aplicado ás ciencias da saúde, para pasar a considerar puntos que interesan a profesionais da terapia ocupacional de forma máis concreta.
En canto aos contidos dos textos en inglés, seguirase a orde das demais materias do Título de Grao en Terapia Ocupacional. Por tanto, durante o primeiro cuadrimestre estudaranse textos relacionados e de interese xeral así como outros que teñen que ver coa infancia e a adolescencia, pasando no segundo cuadrimestre a estudar os que fan referencia ao ser humano adulto. Na propia páxina web da ENOTHE ( European Network of Occupational Therapy in Higher Education), dáselle unha posición privilexiada a este idioma, celebrándose as súas reunións internacionais en inglés. Por tanto, enténdese que o alumno necesita adquirir competencias en inglés, tanto xerais como específicas á súa vocación e futura profesión, para poder comunicarse con Anglo parlantes como con pacientes procedentes doutros países e para asistir e participar en congresos e reunións formais e informais con profesionais doutros países que traballan no mesmo campo .
Descriptor:
Coñecemento dunha segunda lingua que capacite para falar, comprender e escribir, así como poder traballar nun contexto internacional.
Manexo de documentos e textos habituais por profesionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías