Manexo de programas informáticos. Recomendable o manexo de bases de datos e o coñecemento da lingua inglesa.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. No caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Grao cursado.
GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.