Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas VII | Código | 653G01404 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Obrigatoria | 22 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |||||||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 y 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)" os traballos documentais que se realicen nesta materia:
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. 5.-Como en todas as edicións anteriores, para a correcta planificación das Estadias Prácticas VII, realizaranse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica: - Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes. -Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas. - Reunión de coordinación académica e administrativa coa Coordinadora da Titulación e secretaria do decanato. 5.- Normas mínimas:Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 6. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 7. Segundo se recolle nas competencias transversais aprobadas no Consello de Goberno de Maio de 2017 deberase incluir na medida das posibilidades contenidos que incluan perspectivas de vida saudable, desenvolvemento sostible e dereitos humanos. 8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,…). 9. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 10. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero ou de outra índole e proporanse acción e medidas para corrixilas. 11. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, teñan necesidades para un acceso axeitado, inclusivo e proveitoso á vida universitaria. 12. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado |