Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado | Código | 661G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Presentación oral | Actividade na que os estudantes expoñen verbalmente o contido/resultados dos traballos. |
Estudo de casos | Actividade na que se sitúa os estudantes ante un caso (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos (habitualmente en grupo) para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema. |
Sesión maxistral | Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos. Durante as clases tamén se requirirá a participación activa do alumnado coa realización de foros de discusión sobre algún tema específico e cuestionarios de coñecementos a través de kahoot. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta | Proba escrita con pregunta curta e tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos. E resolución páctica dun caso clínico (situación real da actividade profesional). Deben ser capaces de analizar os feitos para comprender a situación e desenvolver as accións para resolver o problema. |