Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum | Código | 661G01032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 24 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa con gardas ou quenda rotatoria complexa. |
Portafolios do alumno | O Portafolios contén o rexistro realizado polo estudantado durante o período de práctica clínica. Constará dos seguintes contidos : 1. MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada polos seguintes documentos: - Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas. - Autoavaliación do estudante, mediante items normalizados 2. DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Estudo de casos | A /o estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación: Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso. Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados. Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo. O traballo sobre o caso clínico colgarase na plataforma Moodle ou enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira. |
Lecturas | O profesorado presentará ao alumnado, para a sua leitura crítica, un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Actividades iniciais | Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo do estudantado na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ó grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria. |