Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o/a alumno/a deberá realizar unha serie de exercicios concretos en cada un dos tema, a través dos cales se irá avaliando os diferentes paradigmas e teorías do estudo sociolóxico.
Proba mixta Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas online impartiranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia. Facilitaránse os contidos dos temas en formato PDF a través da aplicación de Moodle e tamén quedarán gravadas ditas sesións.
Aprendizaxe colaborativa Algunhas das tarefas teranse que realizar a través de foros ou wikis colaborativas en grupos nos que o alumnado traballará de forma conxunta na tarefa asignada para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros.
Estudo de casos Visionado de películas ou audiovisuais e lecturas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. As dúbidas que xurdan nesta parte resolveranse nas titorías online e no foro.