Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que o profesor fará unha introdución dos distintos temas dos que consta o programa, amosando os aspectos máis relevantes que o alumnado debe ter en conta coa finalidade de preparar as probas práctica e obxectiva.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre o alumnado deberá facer unha serie traballos vinculados ás diferentes competencias tecnolóxicas incluidas no temario.
Aínda que estes traballos deberán ser desenvolvidos mediante o traballo autónomo do alumnado, o profesor dará nas sesións en liña as explicacións oportunas dos obxectivos e criterios de avaliación e, así mesmo, proporcionará a pertinente atención personalizada.
Proba práctica Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba práctica na que se avaliarán os módulos correspondentes á parte de competencias tecnolóxicas.
Esta proba consistirá en resolver diferentes exercicios usando as aplicacións informáticas axeitadas en cada caso.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre o alumnado terá que realizar unha proba obxectica dos contidos teóricos da materia incluidos no módulo Fundamentos da informática.
Esta proba pode combinar distintos tipos de preguntas: resposta múltiple, verdadeiro/falso e resposta breve.