Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Intermediación turística e transporte I | Código | 662G01013d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A35 A34 A33 A32 A24 A22 A18 A14 A13 A12 A11 A7 A6 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas. Presentación oral daqueles traballos tutelados indicados polo profesor. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas e a calidade das respostas no turno de preguntas que podería seguir á presentación segundo o criterio do profesor. Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo. Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada traballo tutelado (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado) A entrega da parte escrita de traballos tutelados realizarase vía moodle. |
30 |
Proba mixta | A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta (que poderá ser oral ou escrita, a criterio do profesor) que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical. |
60 |
Análise de fontes documentais | A3 A5 A7 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización dunha ou varias análises de fontes documentais en relación ó contido da materia. Valorarase: o axuste do traballo ás instrucións; a calidade formal do traballo; a calidade e creatividade dos contidos do traballo; a amplitude e pertinencia das fontes de información utilizadas. Cando se programen análises de fontes documentais a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo. Cando se programen presentacións orais na aula, estas non poderán superar o máximo de 10 minutos por cada análise de fontes documentais (a criterio do profesor poderanse substituír as presentacións orais na aula pola entrega dun vídeo pre-gravado) A entrega da parte escrita de análise de fontes documentais realizarase vía moodle A participación activa e con aproveitamento nas actividades presenciais relacionadas coa análise de fontes documentais é obrigatoria para o alumnado. |
10 |
Observacións avaliación | |||
As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado. Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada. A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte: PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:
PRUEBA MIXTA (60%):
Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica e proba mixta. Os criterios de puntuación dos includos na parte práctica con presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes. A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada. Se a calificación final do alumno/a en primeira oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta. Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba nos que se realice a proba mixta final son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable. Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do exame con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do exame o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta normasupón que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta. O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente. Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 29/06/2017) no Art. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. ______________________________________________________________________________________________________________ As datas, horarios e lugar de realización
HONRADEZ ACADÉMICA Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando un alumno/a actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos. Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán calificados con un 0. Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, co titor ou titora ADI da Facultade de Turismo. REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. PERSPECTIVA DE XÉNERO Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |