Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Realizaranse distintos traballos tutelados relacionados co contido da materia durante todo o curso.
Para valorar a asistencia ás clases, os devanditos traballos poden ser realizados en calquera día, hora e non necesitan de aviso previo ao alumnado. |
Prácticas clínicas |
Trátase dun proceso instrucional que deberá ter lugar nunha empresa de Intermediación Turística, no que o estudantado observará e participará en actividades clínicas reales para proporcionarlle a oportunidade de aplicar feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da profesión. |
Estudo de casos |
Actividades desenvolvidas a través de reseñas das saídas de campo nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información... estudando o caso particular e interelacionando coa aprendizaxe adquirida na materia. |
Proba mixta |
Ao final do cuadrimestre celebrarase unha proba escrita de contido teórico-práctico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado.
|