Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Os detalles do traballo explicaranse polo docente e se especificarán nun documento que estará a súa disposición no Moodle.
20
Proba mixta A6 A7 A12 A14 A22 B2 B3 B4 B6 C1 Realización dunha proba que recolla os contidos teóricos dos diversos bloques temáticos da materia. 60
Foro virtual B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Participación no debate sobre un tema e/ou problema relacionado coa materia e proposto polo docente. Desenvolverase a través do Moodle medante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). 10
Prácticas clínicas A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 O alumnado deberá de superar satisfactoriamente un periodo de formación práctica nunha empresa de Intermediación Turística.
10
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Todas as partes incluidas na metodoloxía teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder calcular o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes. No caso de que o alumnado non realice as prácticas clínicas por causa non imputable a él, a Proba Obxectiva pasaría a ter un peso do 70%.  

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia. Se lle poderán asignar actividades alternativas, tutorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación.

2ª Oportunidade da 1ª Convocatoria e oportunidades de ulteriores convocatorias. Realizarase unha Proba Obxectiva que consistirá na realización dunha proba mixta. Esta proba representará o 100% da nota final. O alumando deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

Calificación de Non Presentado (NP).  O alumnado que non se presente a ningunha das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calqueira de elas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou supere a parte que lle falta para facer o cómputo final. Se pode dar o caso de que unha persoa suspenda alguna das partes pero que a suma co resto dé aprobado. Neste caso a nota será dun suspenso (o suspenso máis alto que aparezan suspensas) pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.