Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de Estados Financeiros | Código | 662G01027d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
Recoméndase ao alumnado traballar de xeito continuado nos contidos da materia ao longo de todo o curso. Tamén se recomenda que manteña unha comunicación aberta co profesor a través das titorías persoais. Recoméndase que antes de cada clase teórica o alumnado lea e prepare o tema que será presentado, empregando o manual básico da materia. Finalmente, é recomendable que o alumnado utilice o horario establecido de titoría para realizar consultas e esclarecer dúbidas da materia. ÉTICA ACADÉMICA Considerarase que se comenten prácticas ilícitas cando o alumnado actúa para defraudar ou tratar de defraudar aos sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para realización de traballos. Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán cualificados cun 0. Recórdase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo na prova final está totalmente prohibido, e no caso de utilizar calquera soporte non permitido ficará automaticamente suspenso independentemente da nota obtida na prova mixta e dos traballos realizados. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artículo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario". ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de manera previa ao inicio do cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); en defecto, co tutor ou tutora ADI da Facultade de Turismo. REGLAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UDC (Artigo 11, apartado 4 b) Cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta de respecto á materia en que se cometeu: o alumno será cualificado con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente do curso académico, se se produce a comisión da falta. na primeira oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, de ser o caso. PERSPECTIVA DE XÉNERO Tal e como recolle a diferente normativa aplicable á docencia universitaria, nesta materia deberá incorporarse a perspectiva de xénero (utilizarase unha linguaxe non sexista, empregarase bibliografía de autoría de ambos sexos, fomentarase a intervención en clase de todo o alumnado...) Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas e incidirase no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade. Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |