Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Calidade | Código | 662G01033d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B4 B6 B7 C1 C2 C3 | Ao longo do curso, a través da aula virtual, indicaranse diferentes actividades ou traballos a realizar para a mellor comprensión e adquisición de conceptos. Estes traballos poderán ser sincrónicos ou asincrónicos. Na súa valoración terase en conta: a exposición ou redacción, a capacidade de síntese, a capacidade de análise, a achega persoal, a coordinación con compañeiros, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. | 20 |
Solución de problemas | A18 A19 A32 B1 B3 B4 C4 C6 | Conxunto de probas prácticas realizadas ao longo do curso. | 10 |
Proba obxectiva | A6 A18 A19 B1 B2 B3 | A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. | 60 |
Seminario | A6 A19 A32 A35 B1 B2 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Intervencións realizadas en foros, participación en acción tutorial e como participación en traballos de grupo | 10 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final derívase de dous partes: Avaliación Continua, onde se valora o traballo realizado ao longo do curso, xa sexan actividades sincrónicas ou exercicios e traballos non sincrónicos, e Proba obxectiva ou Exame Final. Para poder facer o cómputo final, é necesario superar polo menos o 50% da cualificación en cada unha das 2 partes anteriormente descritas (avaliación continua e proba final). En caso de non alcanzar a cualificación mínima de 5 nalgunha das partes, indicarase como cualificación final a cualificación obtida na parte que non sexa aprobada, xa sexa Avaliación Continua ou Proba Final. Cualificación de Non Presentado: O alumnado que non se presente á proba final (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de realizar, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Segunda Oportunidade: A avaliación será similar na primeira e na segunda oportunidade. A recuperación da Presentación oral realizarase o día previsto para a proba obxectiva, sempre que sexa posible. convocatoria adiantada: A proba obxectiva suporá o 100% da cualificación. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica: O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios en formato non presencial, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. No caso de que non poidan realizar ou expor o traballo, acordará coa profesora as datas de exposición que lles conveñan, podendo buscar alternativas a traballos de grupo para garantir a súa avaliación. Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: a/o estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo. Perspectiva de Xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |