Saídas de campo |
Posibilidade de realizar unha visita a algún museo ou exposición que permita complementar os conceptos estudados en clase. |
Portafolios do alumno |
Cartafol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensiones críticas, traballos nos que demostran a capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, exercicios de analisis ou relacionados coa catalogación, conclusións de procuras de información utilizando as TIC, recensións de visitas a exposicións... Poderán propoñerse traballos en grupo ou individuais. |
Presentación oral |
Ao longo das clases procurarase a interacción entre o alumnado e profesorado de modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios. |