Traballos tutelados |
Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste. |
Prácticas a través de TIC |
Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel). |
Saídas de campo |
Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia.
|
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |