Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda | Código | 710G03004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A7 B8 B9 C5 | Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas. |
10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 | Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada polo profesorado da materia, do xeito que se detalla: - Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [5%] - Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [5%] - Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [5%] - Creatividade na forma e contido [5%] - Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [80%] |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 | Os exames parcial e final terán un peso dun 25% cada un na nota final da materia. O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 50% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial. |
50 |
Estudo de casos | A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 | Avaliación dos casos propostos e realizados en grupos. Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación poderá realizarse por pares. No estudo de casos valoraráse a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas... |
20 |
Observacións avaliación | |||
Criterios de avaliación
Convocatoria adiantada Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro (Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado universitario"), dado que esta materia ten un carácter anual, o alumnado que se presente a esta convocatoria unicamente deberá realizar a proba mixta (70% da nota) e o traballo tutelado (30% da nota). O traballo tutelado deberá realizarse de xeito individual. Para poder superar a materia, será preciso obter unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o alumnado obtivese unha puntuación igual ou superior a 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías sometidas a avaliación. Cualificación '"Non presentado" Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da facultade. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación ao profesorado da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (60%), traballos tutelados (20%) e estudo de casos (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo. Información adicional O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Teña en conta que o uso de ferramentas de IA, como Chat GPT, está estritamente prohibido en calquera entrega, incluídos os estudos de caso e o proxecto en grupo. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...). |