Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión da Información Dixital | Código | 710G04009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | Haberá unha proba de carácter teórico-práctico dirixida a verificar o nivel de consecución da materia por parte do alumnado. |
Sesión maxistral | Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Estudo de casos | O alumnado enfrontarase ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa recuperación e xestión da información bibliográfica sobre un tema seleccionado por eles mesmos individualmente. Participarase nun estudo en grupos dos diferentes estilos de referenciación bibliográfica, que se compartirán coa clase nunha exposición oral. Cada alumno dará lugar a unha bibliografía que recolla diferentes tipos de documentos sobre ese asunto, atendendo a diferentes estilos de referenciación bibliográfica. Esta metodoloxía supoñerá traballo autónomo por parte do alumnado e a posibilidade e obter orientacións e seguimento por parte da profesora. Iranse ofrecendo as pautas necesarias para a realización destes estudos de casos. |
Lecturas | Lectura individualizada dos textos propostos polo profesor e debate colectivo na aula na que se fundamenta a discusión crítica sobre os seus contidos. |
Prácticas a través de TIC | Desenvolveranse unha serie de prácticas dirixidas a coñecer e usar software e ferramentas para a xestión da información bibliográfica e a promoción de recursos dixitais nas redes sociais académicas. |