Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C5 C6 C8 Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia, nos que se abordará a resolución, mediante a aplicación de técnicas estatísticas e o software R, de exercicios prácticos ou de casos de estudo particulares relacionados co ámbito da comunicación e das ciencias da información. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou do software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente). 40
Prácticas a través de TIC A13 A22 B11 C2 Valorarase a asistencia e/ou o desempeño dos alumnos co software estatístico. 20
Proba obxectiva A21 B1 B2 Proba tipo test consistente nun número de preguntas entre 10 e 20 con 3 respostas posibles. 40

Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Realizarase unha proba de resposta múltiple de 10 a 20 preguntas que representa o 40% da nota. Por outra banda, a avaliación continua constará da asistencia e/ou entrega de prácticas relacionadas coa aprendizaxe e aplicación do software estatístico  R para a resolución de problemas no campo da xestión dixital da información (20% da nota global), ademais da entrega dun ou varios traballos de aplicación da estatística para a resolución de casos de estudo en documentación dixital (alternativamente poderán ser traballos de revisión ou ampliación da materia) que representa o 40% da nota total.

Segunda oportunidade

Na avaliación da segunda oportunidade se seguirá o mesmo criterio que na primeira.

Convocatoria adiantada

Todas as observación previas son aplicables aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada do exame.

Calificación de non presentado

En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO naqueles casos nos que o alumnado non acuda ó exame oficial da materia.

Estudiante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir a clases, este será avaliado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.