Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A10 C4 C7 Proba escrita na que se avaliarán os contidos impartidos na materia.
Para superar a materia é preciso superar o exame .
50
Estudo de casos B7 C1 Valorarase a participación activa.
10
Traballos tutelados B3 B7 C1 C4 C7 Os docentes presentarán ao longo do curso un ou varios traballos ao alumnado. É imprescindible seguir as instruccións dadas e cumprir cos prazos e requisitos previstos.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, por tanto, da súa valoración (cero puntos).
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o/a estudante deberá obter un
mínimo de 5 na puntuación global
(50 puntos), sendo preciso aprobar
ambas as partes
(teórica e práctica)

 

Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais
do/a estudante, así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou
nun formato diferente ao indicado
.

Valorarase positivamente a participación activa durante as clases tanto teóricas como prácticas. 


















Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a/s
profesora/s explicarán detalladamente o contido e normas formais, así como o
tipo de soporte e data de entrega.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en
contacto ca profesora da asignatura antes do día 25 de setembro,
a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas.
Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.

Aqueles
estudantes que non completen o proceso de avaliación continua ou/e que non se
presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda
oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais. Nesta convocatoria o docente fixará un novo prazo de
entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria
oficial do exame. 

En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de
expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a
redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado
formal na presentación dos exercicios. Penalizarase o plaxio.

As posibles faltas de ortografía no examen e traballos
suporán a non valoración destes.