Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño de Personaxes | Código | 730529010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A7 A17 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 | En relación ao estudo de caso avaliarase: A profundidade do traballo individual. A adecuación e xustificación dos exemplos achegados, baseándose en fontes bibliográficas, académicas, etc. |
20 |
Sesión maxistral | A7 A17 A18 B1 C8 | Salvo nos casos de dispensa académica, valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais. | 10 |
Traballos tutelados | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que debe facer o alumnado a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán incorporados ao traballo final) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. Con respecto ao traballo titorizado terase en conta: A aplicación dos contidos teóricos ao traballo. A organización dos contidos. O uso de exemplos ilustrativos. O uso de bibliografía e fontes documentais. |
60 |
Presentación oral | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Tamén será tida en conta para a avaliación total a exposición que faga o alumnado do seu traballo final na última das sesións da materia, valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. A presentación oral basearase na defensa do traballo titorizado. Claridade expositiva O alumnado deberá responder ás dúbidas e preguntas. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade da expresión escrita, debido a que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir no posible os condicionantes de traballo profesionais. Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3 puntos (30 sobre 100) no traballo tutelado e un 1 (10 sobre 100) no estudo de caso e un 0,5 (5 sobre 100) na presentación oral. A forma de avaliación na convocatoria de segunda oportunidad e a convocatoria adiantada a decembro realizarase do mesmo xeito que a avaliación exposta no punto anterior. Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar co profesor antes do 30 de xaneiro, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas. |