Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño de Contornas | Código | 730529012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 | Deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora. Esta avaliación atenderá a os criterios fixados na aula. |
80 |
Presentación oral | B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 | Presentación do traballo. Teranse en conta aspectos como contidos, expresión oral, participación e/ou capacidade de síntese, entre outros. En calquera caso, ditos criterios de avaliación concretaranse na aula. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia é preciso ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 4 puntos) e obter un mínimo de cinco puntos na calificación final (sumatorio de traballo tuleado e presentación oral). Para a avaliación da materia cómpre presentarse as dúas actividades con peso na nota final: traballo tutelado e presentación oral. No caso de non desenvolver algunha destas actividades, ou non facelo en tempo e forma, sinalarase un "Non presentado" na correspondente convocatoria. A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Polo tanto, aqueles traballos que conten con algún apartado, deseño ou proposta copiada, serán cualificados cun cero, co consecuente suspenso na materia. O alumnado con dispensa académica deberá presentarse e superar ambas partes -traballo e presentación oral- se ben, no caso de incompatibilidades, poderá desenvolver a presentación oral noutra data-hora previamente acordada coa docente. En calquera caso, na primeira titoría se comunicarán os aspectos e especificacións destas tarefas, deseñando un itinerario personalizado en función as posibilidades e intereses docentes-discentes. 1ª Convocatoria e 2ª Convocatoria: no caso de alumnado que non teña entregado os elementos requiridos para superar con éxito a avaliación ordinaria, deberán ser entregados en calquera das demais convocatorias. Se foron entregados os materiais requiridos pero estes teñen sido obxecto de correcións ou suxestións de mellora (que impediron superar a materia na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que se concorra deberanse presentar os ditos materiais coas melloras ou cambios comunicados e/ou as ampliacións de contido requiridas pola docente da materia. |