Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable | Código | 730547014d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | C1 C4 C8 | O estudantado realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto da clase mediante videoconferencia. Avaliarase tanto o traballo escrito como a presentación do mesmo. |
60 |
Prácticas de laboratorio | A9 B14 B16 C4 | O alumnado realizará varias actividades prácticas relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas como o informe de prácticas presentado. | 30 |
Proba de resposta múltiple | B9 B16 | Despois de cada sesión maxistral, o alumnado poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O resultados dos tests puntuará na nota final. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Levarase un rexistro da asistencia on line do alumnado as clases maxistrales. Os/as estudantes que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar, que non realicen e entreguen as actividades prácticas (sen causa xustificada) ou que non entreguen o traballo tutelado quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao profesorado o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. Daranse as instruccións oportunas para que o alumnado siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por outros traballos individuais ca mesma puntuación. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE : 1.Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2.Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3.Facer e entregar toda as actividades prácticas nas datas indicadas. 4.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Na segunda oportunidade, o alumnado terá que facer unha proba obxectiva (examen on line) que poderá constar de distintos tipos de preguntas (múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación). Ademais, pediráselles un traballo adicional para completar a avaliación. A cualificación será o 50% a proba obxectiva (examen), 50% traballo/prácticas adicionais. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE E NA EXTRAORDINARIA: 1.Aprobar o exame (50% da puntuación máxima do exame) 2.Facer e entregar en data o traballo/prácticas adicionais 3.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10. |