Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de Fallo en Materiais | Código | 730G03078 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | B5 | Realizaranse dous exames parciais. Para aprobar a materia non se pode obter menos de 3,0 en ningún parcial e 5,0 ou máis en polo menos nun deles. O estudante poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno no exame da convocatoria ordinaria con obxecto de mellorar nota (considerarase a nota do último exame). |
70 |
Traballos tutelados | B5 B7 B9 | Realizarase un traballo tutelado en grupo sobre distintos aspectos da materia onde se analizarán as causas dos fallos dos materiais en servizo | 30 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación da segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios que a primeira oportunidade. No caso da convocatoria adiantada de decembro realizarase un único exame composto por un test de 15-20 preguntas sobre os temas 1 a 3 e dúas preguntas de desenvolvemento e un exercicio práctico mecánica sobre os temas 4 a 9. Para aprobar haberá que obter polo menos unha nota de 5,0 O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica debe poñelo en coñecemento do coordinador da materia. A avaliación realizarase cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Como se indica no artigo 11 apartado 4b) do Regulamento Disciplinar do Estudantado da UDC o/a estudante obterá a "cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario." |