Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e xestión da empresa | Código | 730G05007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 B5 B6 C1 C3 C6 | Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. | 35 |
Proba mixta | A6 B1 B3 B5 B6 C1 C3 C6 | Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. | 60 |
Saídas de campo | B3 B6 C3 C6 | Asistencia a congresos ou conferencias do ámbito da materia | 5 |
Observacións avaliación | |||
No caso da imposibilidade da realización das Saídas de Campo a cualificación desta parte (5%) irá para os Traballos Tutelados, sendo, nese caso, a porcentaxe dos Traballos Tutelados un 40%. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado exclusivamente coa proba mixta, representando esta un 100% da súa calificación. Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos que os da primeira oportunidade. Neste contexto, gardaranse as partes aprobadas para a segunda oportunidade. Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da segunda oportunidade. Para facer media cómpre que o alumnado teña unha nota igual ou superior a 4 puntos na proba mixta e entregar e expoñer o traballo tutelado na data indicada. Nota: Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |