Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 C10 Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 75% da cualificación final.
75
Traballos tutelados A50 A51 A52 A49 B1 B2 B3 B8 B1 B9 B13 C4 C10 C11 C12 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10, sendo condición indispensable para superar a materia haber superado cada un dos traballos con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Suporá o 25% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar.
Entregarase unha rúbrica ao estudantado cos criterios de avaliación do traballo tutelado.
25
 
Observacións avaliación
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro).
  • As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os/as estudantes con matricula a tempo parcial, dispensa académica e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota.
  • Os/as estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima. A matrícula de honra será outorgada automáticamente aos/ás estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igual ou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse aos/ás estudantes con mellor nota media nos traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos traballos tutelados adxudicaranse aos/ás estudantes con mellor nota da proba mixta.
  • Non presentado: na acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel/aquela estudante que non se presente a proba mixta final. Os/as estudantes que non presenten os traballos tutelados obterán un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.
  • A entrega dos traballos tutelados, farase a través da plataforma Moodle na tarea asignada.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
    unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
    convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con
    "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
    académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
    como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
    de primeira oportunidade, se fose necesario.