Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Podoloxía Deportiva [a extinguir] Código 750G02025
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O obxectivo da materia é formar ao futuro profesional nos coñecementos, competencias e aplicación da ciencia podolóxica ao campo da podoloxía deportiva, a través do estudo das características xerais da práctica de exercicio físico e deporte, o perfil dos e as deportistas, así como dos principais factores de risco de lesión asociados á realización de exercicio físico e/o a práctica de deporte, e a súa relación coa aparición de afeccións agudas ou crónicas do membro inferior, especialmente no complexo anatómico nocello-pé. A materia aborda a aplicación dos tratamentos dos diferentes campos terapéuticos podológicos (físicos, ortésicos, farmacolóxicos, etc.) ás afeccións cuxa causa de base sexa a práctica deportiva, realizando para ditas afeccións unha planificación integral tanto no seu tratamento como na súa prevención. Os principais bloques de contidos que se desenvolverán na materia son: Fundamentos de podoloxía deportiva e medicina do deporte. Conceptos básicos do exercicio físico e o deporte. Superficies de práctica deportiva. Epidemioloxía das lesións deportivas do membro inferior. Análise podológico na práctica deportiva: o xesto deportivo. Lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva (óseas, músculo-tendinosas, ligamentosas, neurolóxicas e dérmicas). Prevención das lesións asociadas á práctica deportiva. Análise do calzado deportivo: conceptos xerais
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías