Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Pe de risco [a extinguir] | Código | 750G02031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A25 A28 A44 B11 B12 B18 B19 C3 C4 C5 | Este exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvoltos tanto nas sesións maxistrais, coma nos seminarios, talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual (plataforma Moodle) da materia. O exame teórico realizarase presencialmente e empregando o Campus Virtual da materia. Constará dun exame final tipo test de 30 preguntas test e 5 preguntas de desenvolvemento. Para superar a proba teórica con cualificación de aprobado será necesario superar o 50% das preguntas do exame tipo test, 3 das preguntas de desenvolvemento. INSTRUCIÓNS DO EXAME TEST: -Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta. - Unha vez aberto o cuestionario as preguntas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada. INSTRUCIÓNS DO EXAME DE DESENVOLVEMENTO: - As respostas ás preguntas de desenvolvemento poden contestarse en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. - A resposta á pregunta exposta, cubrirase nos espazos dispoñibles para a resposta no Campus Virtual da materia. NORMAS XERAIS DO EXAME: - Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase. - Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles. - Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables. - A conexión realizarase a traves da rede wifi propia da UDC EDUROAM (previamente configurada), sendo necesario ter instalado o aplicativo Safe Exam Browser no equipo. - Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos. - A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades). - Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula. - Ao finalizar o exame (antes de apagar a equipa e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia de ter entregado o exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles. |
100 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia en todalas oportunidades e modalidades é necesario ademais de alcanzar 5 sobre 10 no total da materia, superar a cualificación do exame tipo test con máis de 5 sobre 10 (15 preguntas netas correctas), superar a cualificación do exame de desenvolvemento como con máis de 5/10 (máis da metade da puntuación máxima) e superar o exame práctico de elaboración de sistemas de prótese e descarga e evaluación e cribado do pie diabético. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presenten á proba mixta. As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña mais dun 95% da cualificación da materia e sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |