OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO
SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e
investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de
Acción Green Campus Ferrol":
- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase
papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. |