MATERIAL DOCENTE: Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo co Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual. PERSPECTIVA DE XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.

Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica.

Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores. Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade, no caso de detectar
situacións de
discriminación por razón de
xénero tomaranse medidas para corrixilas.

A fin de facilitar a
conciliación familiar do profesorado do Practicum 2 aqueles docentes que
así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada
rotación o troco de hora de inicio y fin de la práctica notificándoo ó persoal da CUP.

Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso
(0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias
ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.