Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo | Código | 760492004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais. |
Lecturas | Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia. |
Obradoiro | Poderánse realizar Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura. Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online. |
Prácticas a través de TIC | O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Traballos tutelados | Realización de traballos de investigación breves (5-10 páxinas) sobre temas relacionados co programa. Dirixidos polo profesor, afectuararse de forma individual ou en grupos reducidos. |
Aprendizaxe colaborativa | Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ou ben apoiándose nas TIC. |
Proba obxectiva | Proba realizada ao final do curso que versará sobre o contido de toda a materia. |