Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Economía | Código | 760G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes. A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, que o fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios. A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmitir os contidos do programa dunha forma sistematizada e respectando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes: - Exposición dun marco global inicial que permita centrar o tema. - Análise dos aspectos principais que integran o tema. - Síntese integradora do exposto. - Fixación breve e sinóptica do tema. Será empregada principalmente ao comezo dos contidos teóricos pois estes requiren dunha presentación global, sintética e con rigor científico e claridade expositivar. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. Realizaranse prácticas de aula dos contidos da materia. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre coa posibilidade de ser complementados con probas de tipo test. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimento de corrección: - A precisión na resposta. - A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos. - A identificación dos conceptos e relacións relevantes. -Xerarquizar a súa importancia. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.alguna de estas preguntas. |