Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A31 B2 C7 Proba sobre o coñecemento das materias do programa da asignatura. 60
Sesión maxistral A3 A22 A31 Valoración da intervención dos estudantes en clase sobre as materias xerais do programa 10
Estudo de casos A3 A14 B3 B9 Valoración das achegas dos estudantes nos equipos de traballo, tanto dos materiais, como das análises e comentarios 20
Prácticas a través de TIC A3 A31 B1 Os alumnos facerán exercicios mediante TIC para familiarizarse cos textos e procedementos legais utilizados en cada clase 10
 
Observacións avaliación

As entregas de traballos obrigatorios y adicionais da asignatura así como os libros prácticas de taller realizados polos alumnos serán en formato digital, y preferentemente a través da plataforma Moodle. Os traballos entregados fóra do prazo establecido serán penalizados con ata un 25% na calificación do mesmo.

Recórdase que a comisión de fraude académico implica, segundo Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, "a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda"

Respecto a convocatoria de segunda oportunidade, compre entregar un novo conxunto de prácticas e ademáis superar o correspondente examen

Respecto a convocatoria extraordinaria, compre entregar un novo conxunto de prácticas e ademáis superar o correspondente examen

A asistencia é obrigatoria agás dos alumnos que teñan recoñecido a dedicación de estudos a tempo parcial e exención de asistencia según o indicado na norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudante de grao na UDC.

Os alumnos que se atopen nesta situación poderán compensar a cualificación asociada a intervención nas clases mediante asistencia a titorías cos profesores ou á realización dalgún traballo alternativo proposto referente ao temario da asignatura