Alumnos/as de novo ingreso:
Para que un/a alumno/a poda
ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os
casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.
As prácticas de laboratorio
son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción
a superar a materia. Deberáse obter unha cualificación mínima dun 50% nas prácticas de laboratorio para superar a materia.
A proba obxectiva abarcará todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O/A estudante deberá ter un mínimo do 33% da nota para aprobar a materia.
Os/as alumnos/as con
cualificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se
presentaron á proba obxectiva.
Alumnos/as co dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia:
Os criterios e actividades de
avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a
este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego,
enfermidade, ...) non efectúen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita
supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do
laboratorio, que é obrigatorio. Un/a alumno/a que non realice as prácticas, non
ten opción a superar a materia. No caso de non poder facer as prácticas
presencialmente, debe poñerse en contacto cos/as profesores/as para propoñer as
prácticas axeitadas á situación persoal.
Os/as alumnos/as con cualificacións
de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba
obxectiva.
Alumnos/as repetidores:
Os/as alumnos/as repetidores
que faceren as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por
escrito a fácelas de novo e optar a manter a puntuación do curso
2022-2023. No caso de non poder asistir, deberá poñerse en contacto cos/as
profesores/as no mes de setembro para buscar solucións axeitadas e adecuadas a
situación.
Segunda Oportunidade e convocatoria extraordinaria:
A proba obxectiva abarcará
todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O estudante deberá
ter un mínimo del 33% da nota.
Se manteñen as cualificacións
obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das
prácticas do laboratorio.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
na que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometeu: ou/a
estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta
prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
O profesorado poderá facer os trámites que considere oportunos en caso de
sospeita.
|