Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Expresión Gráfica | Código | 770G02005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1 hora. Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente. Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará o estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos. Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer. O alumnado e profesorado interactuaran dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, ou principios de forma dinámica. |
Proba mixta | Realizarase un proba final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos. |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse prácticas en laboratorio informático que contempla o manexo de software CAD para a xeración de planos, conxuntos e despezamentos. Nas últimas semanas do cuadrimestre realizarase unha práctica final (proxecto) de deseño e modelado en grupo. O proxecto terá un enfoque de Aprendizaxe-Servizo (ApS). ApS é un método para unir a aprendizaxe co compromiso social. É dicir, aprender facendo un servizo á comunidade. Os obxectivos do proxecto están aliñados cos seguintes ODS (Obxectivos e metas de Desenvolvemento Sostible): - Obxectivo 4. Educación de calidade. Meta 4.4 - Obxectivo 9. Industria, innovación e infraestrutura. Metas 9.5 e 9.b - Obxectivo 10. Redución das desigualdades. Meta 10.2 - Obxectivo 12. Produción e consumo responsables. Meta 12.1 - Obxectivo 13. Acción polo clima. Meta 13.3 |