-Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara. -Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Se se detectasen situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. -Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|