Solución de problemas |
A5 B2 B5 B6 C6 |
Avaliaranse problemas/test plantexados para que o estudantado resolva de forma autónoma.
Tamén se proporán actividades en grupo para realizar na aula.
|
20 |
Proba obxectiva |
A5 B5 B11 C1 |
Tratarase dunha proba no que o estudantado terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 5 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da evaluación continua (problemas/test, aprendizaxe servicio ou traballo tutelado e prácticas). |
50 |
Aprendizaxe servizo |
A4 A10 A6 A7 A8 B1 B4 B9 B12 C1 C4 |
Tal e como se comentou no apartado de planificación a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.
|
10 |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (10%):
O estudantado que non realice as prácticas de laboratorio da asignatura non poderá presentarse á proba obxetiva e figurará como "non presentado"
Os estudantado repetidor que teña realizado as prácticas nos dous cursos académicos anteriores poderá optar entre realizar as prácticas e ser evaluado novamente ou non realizalas e conservar a nota dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos o estudantado que non teñan superada a asignatura terán que voltar a realizalas prácticas obligatoriamente.
AVALIACIÓN CONTINUA:
A asistencia ás clases é obligatoria (expositiva, interactiva e seminarios). O estudantado que acumule máis do 20% de faltas á clase sin xustificar, será inmediatamente excluido do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxetiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxetiva constituirá o 90% da nota e o 10% restante será a nota das prácticas de laboratorio.
SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (20%):
Avaliaranse problemas (test aula / test plantexados (Moodle)) que o estudantado resolverá de forma autónoma.
APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLOS TUTELADOS (20%):
Tal e como se comentou no apartado de planificación, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 20% da nota final.
PROBA OBXETIVA (50%):
Ademáis das convocatorias oficiais de xuño e xullo, a mitad de cuatrimestre e só para o estudantado que non teña máis dun 20% de faltas de asistencia (e que polo tanto estexa dentro do procedemento de avaliación continua), realizarase unha proba obxetiva. Esa proba permitirá liberar ao estudantado que a supere de parte da materia de cara á proba final e a súa nota gardarase de ser necesario ata a oportunidade de xullo.
AVALIACIÓN FINAL:
Necesitase un 4/10 na proba obxetiva para sumar as notas da avaliación continua.
Na oportunidade de xullo seguiranse as mesmas normas que para a oportunidade de xuño.
O estudantado con calificación de "non presentado" serán aquel que non se presentara á proba obxetiva ou non realizara as prácticas de laboratorio. OBSERVACIÓNS: As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas á profesora ao inicio do cuadrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ou outras tarefas coa mesma puntuación. A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o /a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeria oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.
|