Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Faranse varias sesións prácticas onde se realizarán diferentes ensaios e análisis sobre as propiedades e características dos materiais
Proba mixta Os exames constarán de problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou breves exercicios numéricos.
Sesión maxistral Tratarase de expor nas mesmas os aspectos máis importantes de cada un dos capítulos do programa.
Solución de problemas Realizaranse seminarios de problemas a base de entregar con suficiente antelación a cada seminario unha colección de enunciados cuxa resolución corresponde ao alumno. En cada sesión do seminario resolveranse cantas dúbidas ou dificultades xurdisen ao alumnado.
Traballos tutelados A actividade consistirá na realización dun traballo e na defensa oral do mesmo.