Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións presenciais de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario. Para un total aproveitamento das memas, recoméndase que o alumno teña lido, con anterioridade e pola súa conta, os aspectos fundamentais dos temas nos textos recomendados.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial da materia.
Durante o seu desenvolvemento, aspectos relacionados con:
- Identificación de distintas rexións do sistema nervioso
- O uso de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e / ou patolóxicas.
- O uso de liñas mutantes e transxénicas en estudos de Neurociencia
- O manexo de páxinas interactivas, atlas de neuroanatomía en liña e ligazóns web relacionadas con contidos prácticos.
Ao remate do período de prácticas, o alumnado deberá presentar un informe relacionado cos contidos das practicas.
Discusión dirixida Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesor e que complementen os contidos das clases maxistrais. Os estudantes seleccionarán un dos artigos para unha sesión de discusión guiada na aula.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas.