Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A7 A8 Consistirá en preguntas de resposta curta e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais, discusións dirixidas e seminarios.
70
Prácticas de laboratorio B5 C8 Ao final do período de prácticas, os estudantes deberán presentar un informe e un proxecto de investigación relacionado cos contidos das actividades prácticas realizadas. 20
Discusión dirixida A8 B3 B9 C1 C2 C8 C9 Debaterase sobre un artigo de investigación actual, no que o estudante debe participar activamente despois de ter realizado a análise crítica individual do mesmo. 10
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS:

As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial do contido da materia, polo que a súa realización será presencial.

É condición necesaria que todos os alumnos superen as actividades "Análise de fontes documentais" e "Prácticas de laboratorio" para poder superar a materia.

No caso da segunda oportunidade da convocatoria do ano en curso (convocatoria de Xullo) manterase o sistema de avaliación previsto para a primeira oportunidade, tanto para o alumnado que non superase algunha/s da/s partes coma para aquel alumnado que non se presentou ás mesmas.

As matrículas de honra concederanse preferentemente entre os/as alumnos/as que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.