Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Encamiñadas á selección do tema e directora ou director, e aclaracións respecto o desenvolvemento do traballo.
Investigación (Proxecto de investigación) Desenvolvemento do traballo de laboratorio ou dun proxecto de investigación.
Discusión dirixida Análise dos resultados obtidos e titoría para organizar a discusión dos mesmos coa directora ou o director.
No caso da modalidade de proxecto de investigación, revisión do esquema xeral do mesmo.
Presentación oral Defensa pública do traballo ante un tribunal designado para a cualificación final do mesmo.
Resumo Elaboración da memoria escrita do traballo realizado, segundo a normativa que se publica na páxina Web do máster.
Análise de fontes documentais Revisión bibliográfica necesaria para a elaboración da introdución, selección e comprensión da metodoloxía, análise de resultados e discusión dos mesmos.