Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo que serán avaliadas ao longo do primeiro cuadrimestre. O calendario da proba/s facilitarase durante o curso. 40
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 60
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Se esixe asistencia obrigatoria á clase da materia desde o primeiro día. En caso de que o/a estudante esté pendente de completar o proceso de matrícula, se lle esixirá copia asinada da matrícula académica coa data correspondente para que non computen as ausencias iniciais. Dito requisito de asistencia é obrigatorio para presentarse ás probas do curso tanto na primeira como na segunda oportunidade. Un/Unha estudante só pode faltar á clase, sen os xustificantes oficiais que sinala a normativa académica, como máximo 3 veces no cuadrimestre. 
  • En paralelo, só están dispensados de asistir á clase presencial, pero non das probas realizadas ao longo do curso, os estudantes que teñan concedida a dispensa académica oficial. É decir, trátase do caso dos estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia". O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto obrigatoriamente co seu docente vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2024.
  • Os alumnos/as deben consultar
    obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia
    , onde os docentes colocan información relevante.
    Ademáis, os estudantes deben
    subir obrigatoriamente unha foto actualizada ao seu perfil no campus virtual para a
    súa correcta identificación antes do 1 de outubro de 2024.
  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquer
    dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
    información.
  • De igual xeito, é necesario que cada alumno/a que desexe
    realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se
    vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca
    normativa vixente).
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
    vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
    convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
    (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
    comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
    isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
    oportunidade, se for necesario.

Tipo de cualificación:

  • A calificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só
    participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao
    20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.

Tipo de avaliación:

  • Primeira oportunidade: os criterios de avaliación son os marcados nesta sección. Para superala asignatura, o estudante debe obter como mínimo 50
    puntos dos 100 totais. Polo tanto, todolos estudantes, incluidos os que teñan
    "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
    de asistencia", poderán superala materia obtendo a lo menos 50 puntos dos 100
    totais entre todalas probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan
    acudir as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos
    certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica

    -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas
    noutra ocasión que lles será comunicada polos docentes, tendo en conta o sinalado polo
    regramento académico.
  • Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da
    extraordinaria adiantada, ambalas dúas consistirán na realización dunha proba
    obxectiva nas datas oficiais cun valor máximo do 100% da nota final. Polo tanto, nelas poderase recuperar a avaliación continua realizada durante o primeiro cuadrimestre. En ambalas dúas oportunidades, os estudantes poderán superar a materia
    obtendo a lo menos 50 puntos dos 100 potenciais.