Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A4 A7 A9 A11 A12 A13 B2 B3 B4 B8 C1 C2 C3 Tarefas de procura e interpretación da información, análise de datos e estudo da realidade macroeconómica. 20
Proba obxectiva A3 A4 A9 A11 A12 A13 B6 C1 C6 Exame final 70
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A12 A13 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C3 C4 Traballo en grupo: estudo da situación macroeconómica dun país. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación final (CF) de 5 sobre 10, e os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

O examen final (EX) cualificaranse sobre 10, debéndose obter un mínimo de 5 puntos para aprobar. Neste caso, Neste caso, é dicir, no caso de obter un mínimo de 5 puntos no exame final, a cualificación final da materia calcularase utilizando a seguinte fórmula:CF=EC+EX(10-EC)/10, onde EC indica a puntuación obtida na avaliación continua durante o curso, que representa o 30% (máx. 3 puntos).

A participación activa na clase pode compensar ata un punto sobre dez das demais actividades. É dicir, a "participación" non constitúe unha actividade avaliable por si, senón que pode permitir compensar parcialmente a avaliación recibida nas demais actividades realizadas, no caso de non ter obtido a máxima puntuación. A participación valorarase de forma obxectiva a partir das actividades realizadas na clase. En particular, para a avaliación da participación, teranse en conta as respostas ás preguntas realizadas na clase sobre as lecturas asignadas en cada tema.

OUTRAS OBSERVACIÓNS

- Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

- Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

- Se incorporará a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.