Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Prácticas a través de TIC |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. Utilizarase a folla de cálculo e software de contabilidade para o rexistro de transaccións e a preparación de estados financeiros e Power BI para analizar o contido dos informes financeiros. |
Presentación oral |
Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Proba práctica |
Probas asociadas ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula (resolución de exercicios e casos prácticos). |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |