Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Contabilidade | Código | 611G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A9 A10 A13 B2 B3 B4 C2 | Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. | 20 |
Proba mixta | A4 A9 A12 B2 B3 C3 | No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. | 30 |
Proba práctica | A4 A9 A12 B2 B3 C3 | Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. | 40 |
Proba obxectiva | A4 A9 A12 B2 B3 C3 | Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. | 10 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA A asistencia a clase é fundamental para acadar os obxectivos de aprendizaxe da materia. Por esta razón, para valorar as actividades de avaliación continua (proba obxectiva, probas prácticas e presentación oral) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 30% exame final. b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final. c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación. Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase a normativa académica vixente da UDC. |