Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia. Duración estimada 1 hora
Lecturas Esta actividade refírese ao estudo e preparación pola parte do estudantado da materia para a súa posterior avaliación. Non será unha actividade presencial.
Proba de resposta múltiple Haberá probas de resposta múltiple (tipo test). Estas probas estarán constituídas por preguntas con varias respostas das que só unha será verdadeira, relativas aos conceptos teóricos e prácticos estudados nas clases de sesión maxistral e de solución de problemas
Sesión maxistral Esta parte da docencia estará centrada na exposición dos contidos teóricos.
Solución de problemas Consistirá na exposición e realización dos contidos prácticos dos diferentes temas, con participación pola parte do estudantado.
Seminario Nestas sesións resolveranse de xeito colectivo as dificultades que podan xurdir coa materia. Os estudantes poderán ter que presentar e defender o seu traballo individual.
Servirán para un seguimento máis personalizado do progreso do estudantado.
Serán presenciais, salvo causa de forza maior. Con antelación suficiente publicitaranse para cada grupo as aulas, as datas e os horarios.
Proba práctica Realizaranse varias probas prácticas ao longo do cuadrimestre. Estas probas constarán de unha ou varias preguntas as que se deberá contestar por escrito e xustificando debidamente as respostas.
Proba mixta Á fin do cuadrimestre haberá unha proba mixta (teórica e práctica) de carácter presencial. Esta proba será realizada na data oficial de avaliación que determine o centro para esta materia.