Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A8 A9 A10 A11 B1 B3 B6 B8 C5 C8 Primeira oportunidade:
50% a evaluación continua e 50% proba mixta (examen).

Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
Na segunda oportunidade non se conserva a puntuación obtida na avaliación continua xa que se substitúe pola nota do exame final puntuado co 100%.

Para poder apreciar competencias lingüísticas, as probas de avaliación, no grupo con docencia en inglés, poderán ter un formato diferente ás realizadas nos demais grupos.
100
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN CONTINUA

A importancia da asistencia a clase para acadar as competencias da materia motiva que para poder valorar as actividades de avaliación continua (probas de seguemento) será necesaria unha asistencia mínima do 70%. Se non se alcanza esta porcentaxe, estas actividades serán valoradas con cero puntos. 

Na avaliación continua , ademáis, terase en conta a participación do alumnado en actos académicos organizados pola FEE, Green Campus e outras actividades similares, así como a participación en clase e o traballo continuo ao longo do cuadrimestre. Deste xeito, a cualificación obtida nas probas de seguemento poderá incrementarse ata un punto, co límite máximo de 5 puntos que corresponden á avaliación continua.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

a) Primeira oportunidade: 50% avaliación continua (segundo o descrito nesta guía) e 50% exame final.

b) Segunda oportunidade: 100% exame final.

c) Oportunidade adiantada:  na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de dita proba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.A nota desta proba representará o 100% da cualificación.

Para todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” seguirase á normativa académica vixente da UDC.


 NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información, excepto nas probas que se realicen en Moodle. Neste último caso, indicarase ao alumno con qué tipo de dispositivo pode acceder ao examen.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a sua personalidade segundo a normativa vixente.

TIPOS DE CUALIFICACIÓN

1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independientemente da cualificación acadada.

OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 

2. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade. 

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso adecuado, igualitario e proveitoso á universitaria.