Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A8 A11 B1 B2 Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas. 60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Actividade a realizar en grupo/individual. Na presentación da asignatura, o profesorado explicará as actividades a realizar. 40
 
Observacións avaliación

A) CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS  

 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.

2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese (artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN  

 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación/defensa dos diferentes casos prácticos/traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen.    

 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de avaliación continua serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo ou renunciar a avaliación continua por escrito (neste caso a nota do exame seria do 100%). Neste caso, para realizar a avaliación continua,  o estudantado dirixirase ao profesorado coa suficiente antelación para que lle indique as indicacións correspondentes. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade,  necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba.    

 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10

C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  

 1.Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”