Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Coportamento do Consumidor. Productos e Marcas | Código | 611G02037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A5 B5 C1 C4 C5 C6 C7 | O alumnado terá que desenvolver un proxecto práctico en equipo que estará titorizado e que está relacionado cos contidos da asignatura, tanto no ámbito do comportamento do consumidor como na relativa ao produto e marcas. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en equipo entre os estudantes, promover a amplitude de análise, a creatividade e o sentido crítico. Os equipos presentarán os resultados e conclusións do proxecto práctico en horario de clase para o que se asignarán datas de entrega/envío e presentación. Únicamente cualificarase ao alumnado que participe activamente na elaboración do proxecto e na presentación do mesmo. No caso de que o alumno/a non faga o proxecto práctico en equipo, o alumno/a deberá presentar un traballo individual sobre un caso práctico que lle será asignado polos docentes que, xunto co exame test, representan as dúas metodoloxías de avaliación. O peso relativo de cada unha das probas será o mesmo que se estableceu anteriormente. O traballo tutelado ten un un peso do 30%. |
30 |
Proba de resposta múltiple | A2 B6 B7 B8 B9 | Preguntas Proba de opción múltiple (catro opcións). As preguntas respondidas incorrectamente penalizan un tercio do valor da pregunta. O exame test ten unha ponderación do 70% na nota final. Condicións para a realización da avaliación final. Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa identidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE VALORACIÓN: Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: agás as datas aprobadas no Consello de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase un calendario específico de datas compatibles ao comezo do curso coa súa dedicación. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: se aplicarán os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: A segunda oportunidade de avaliación se realizará nas datas establecidas no calendario académico para a realización dos exámes. No caso de que o alumno/a non faga o proxecto práctico en equipo ou non supere a materia na primeira oportunidade, o alumno/a deberá presentar un traballo individual sobre un caso práctico que lle será asignado polos docentes que, xunto co exame test, representan as dúas metodoloxías de avaliación. O peso relativo de cada unha das probas será o mesmo que se estableceu anteriormente. O exame test (preguntas de resposta múltiple) terá un peso do 70% e o traballo tutelado un peso do 30%. 3. Convocatoria adiantada. As condiciones de avaluación da oportunidad adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dun exame test e preguntas curtas que suporá o 100 % da calificación final. D) De conformidade co artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC, a nota de suspenso (nota numérica de 0) establecerase na convocatoria na que se cometeu. O alumno será calificado con suspenso se a falta se produce na primeira ou na segunda oportunidade. Por este motivo, modificaríase, de ser o caso, a súa cualificación na acta da primeira oportunidade. |