Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A12 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 Probas de comunicación oral. A parte de comunicación oral avaliarase ao 100% con estas probas. 30
Traballos tutelados A8 A11 A12 A13 B10 B12 B13 B2 B4 C1 C6 C7 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 20
Proba práctica A8 A11 A13 B13 B2 B4 C1 C6 Prácticas de escritura. 10
Proba mixta A8 A13 B13 C1 C6 Exame final da materia no que serán avaliados os coñecementos teóricos e prácticos de expresión escrita adquiridos durante a mesma. 40
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta
recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da
avaliación total procede da proba obxectiva
sobre a teoría impartida nas
clases maxistrais e exercicios prácticos. Esta proba realizarase na
data establecida pola Facultade. O 60%restante responde á avaliación das
prácticas
realizadas ao longo do curso. 

Para superar a materia é necesario aprobar os traballos
prácticos
plantexados na clase e obter un 2 (20 sobre 100) no
exame final
. Para aprobar a asignatura é obrigatorio realizar o 80% dos exercicios prácticos avaliables.

Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Unha falta de ortografía supón que non se correxirá ese traballo,
exercicio ou exame.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en
contacto cos docentes da asignatura antes do día 15 de febreiro,
a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas.
Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá
presentar unha serie de prácticas pactadas previamente cos docentes e
examinarse da parte teórica. No caso de que tivera aprobado a parte
práctica ou teórica na primeira oportunidade,  gardaríaselle a nota para a
segunda.

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle),
pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información
necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.